eTIC Factoría de Formación está integrada por un equipo multidisciplinar de expertos con máis de 15 anos de experiencia no ámbito da xestión de proxectos de formación e na impartición de formación para organizacións empresariais, institucións universitarias e administracións públicas.

 


 

 

Misión

 

Valores

Promover o éxito dos nosos clientes con solucións formativas integrais, creativas e innovadoras, que satisfagan as súas necesidades, ofrecendo servizos de calidade e excelencia. Así mesmo, eTIC factoría ten como obxectivo crecer de forma sostida, facilitando o desenvolvemento profesional do equipo de colaboradores.

 

 
Compromiso.Entendido non como obrigación, senón desde o punto de vista da identificación e a motivación. Comprometéndonos cos nosos clientes e colaboradores, en desenvolver proxectos innovadores e de calidade coa implicación de todas as persoas que participan neles Eficiencia. Ofrecemos solucións prácticas axustadas ás necesidades e posibilidades de cada cliente, logrando así os obxectivos marcados de forma eficaz e competente.

Eficiencia. Ofrecemos solucións prácticas axustadas ás necesidades e posibilidades de cada cliente, logrando así os obxectivos marcados de forma eficaz e competente.

Creatividade. A creatividade asóciase coa imaxinación e o pensamento diverxente. Romper coas rutinas e as ideas preconcibidas na forma de entender a formación, achegar visións diferentes, alternativas e/ou complementarias e abordar a realidade desde novas perspectivas é imprescindible para innovar. En eTIC estamos sempre atentos aos movementos e tendencias do sector mantendo esta mirada creativa para ofrecer solucións innovadoras aos nosos clientes.

Integridade. A nosa integridade, persoal e laboral, demostra a implicación ética en todo o que facemos e dános forza e estabilidade para acadar os obxectivos dunha forma coherente e sólida. Isto, mais a asunción das consecuencias dos propios actos son a base destes valores e as premisas da nosa profesionalidade.

Proximidade. A nosa tarefa desenvólvese en contacto directo coas persoas, tanto cos nosos clientes como cos seus traballadores ; desenvolvemos a nosa tarefa en todo momento desde a proximidade, a empatía, a motivación e a flexibilidade, entendendo e adaptándonos a cada situación concreta e particular.

Traballo en rede. O tempo e a distancia non son unha barreira para o traballo en equipo. Entendemos a nosa actuación profesional dunha forma aberta, creando e participando en redes de traballo colaborativo que permiten dar resposta ás necesidades dos nosos clientes.

Sostibilidade. Realizamos a nosa actividade dentro dos parámetros dun desenvolvemento sostible e mantendo o control e xestión dos aspectos ambientais.

   

Traballa connosco


O noso equipo de expertos docentes colaboradores está en constante crecemento. Estamos sempre en contacto con profesionais da formación que nos proporcionan novas ideas que nos axudan a crecer e mellorar, traballando en equipo, compartindo e delegando para ofrecer sempre un servizo de calidade.

Se queres colaborar con nós envíanos o teu currículo e o detalle de cursos que impartes ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..